O Concello de Lugo mantén abertos os aparcamentos disuasorios durante a última fin de semana das festas de San Froilán

Jueves, 08 de octubre de 2009
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo continúa a levar a cabo o Plan de Tráfico para as festas de San Froilán 2009 co que se persegue ordenar a circulación na cidade para causar as menores molestias aos veciños e veciñas durante os días de festa, polos cortes de tráfico, e potenciar o uso do transporte urbano.

Esta fin de semana e o luns prevese a chegada dun gran número de visitantes polos concertos e a festividade do Pilar polo que o equipo de Goberno, a través da Concellería de Protección da Comunidade que dirixe José Rábade, recorda que se dispón de cinco zonas de aparcamento preto das principais vías de acceso á cidade:

- Dúas zonas de aparcamento na rúa Campos Novos.

- Un na rúa Madanela.

- No aparcamento das Termas.

- Rúa Poeta Noriega Varela.

Estos aparcamentos alternativos contan cun servizo de bus urbano especial para acceder ao Recinto Ferial e intentar reducir o uso do vehículo privado no centro da cidade. Son dúas liñas de autobús as que unen as cinco zonas habilitadas coa zona da festa o sábado e o domingo de 15:00 ás 03:00 horas e o luns 12 de 12:00 ás 02:00 horas:

- Ronda de Fontiñas-Acea de Olga-Avenida de Magoi: Saídas dende Ramón Ferreiro a todas ás 00:15 e 00:45 horas e desde Campos Novos a todas as 00:30 e 00:00 horas.

- Avenida da Coruña- Alto de Garabolos-Avenida Paulo Fabio Máximo: Saídas de Ramón Ferreiro a todas ás 00:25 e 00:55 horas e da Avenida Infanta Elena a todas as 00:10 e 00:40 horas.

Ademais, as liñas 3A, 4E, 5E e 6E prolongarán o seu servizo ata as dúas da madrugada os días 11 e 12 de outubro.

sanfroilan.info