O Alcalde de Lugo recibe ao campión de España Xuvenil de Bowling e ao equipo feminino do Milesios Bowling Club

Miércoles, 25 de febrero de 2009
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, e outros membros da corporación municipal, recibiron na Casa do Concello ao Campión de España Absoluto de Terceira Categoría e Campión de España Xuvenil de Bowling, José Fraga Estévez.

López Orozco suliñou a profesionalidade deste lucense que con só 16 anos e xogando aos bolos dende fai cinco anos, xa logrou tan grandes éxitos levando o nome de Lugo ata o máis alto.

Ademais, o Alcalde recibiu ao equipo feminino do Club Milesios Bowling Lugo clasificado na fase norte para asistir á Copa de la Reina na que quedaron nun 5º posto. Este equipo está composto por: Teresa López Sangil, Susana García, Raquel Aguirre e María López, ás que agradeceu o seu esforzo polo deporte feminino da cidade.

O Alcalde animou aos deportistas lucenses a seguir loitando “xa que ninguén regala nada”  pero sin esquencer os estudos.

Como recordo da súa visita López Orozco entregoulles en nome da corporación un plato e unha figura de cerámica.

Multimedia