O Concello aumenta as medidas de seguridade por mor do temporal

Lunes, 09 de febrero de 2009
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Protección da Comunidade e a Concellería de Medio Ambiente e Zona Rural do Concello de Lugo puxeron en marcha un dispositivo especial ante a alerta laranxa activada pola Dirección Xeral de Protección Civil  por mor dos ventos que poderán alcanzar unha velocidade entre os 100 e os 110 quilómetros por hora entre as 9:00 e as 20:00 horas.

A primeira hora da mañá anunciábase o peche dos parques Rosalía de Castro e da Milagrosa, paralizáronse as fontes da Praza do Rei e de Fonte dos Ranchos, así como a suspensión das actividades deportivas que se realizan no exterior, manténdose a actividade que se realiza no interior das instalacións. Ademais, para evitar riscos entre a cidadanía, pecharanse ao público a Casa da Muller, a Biblioteca Municipal, a Casa da Música, o Centro Social de A Milagrosa, e as Ociotecas, sitas no parque municipal de A Milagrosa. Ademáis, pecharase o acceso con coche ao parque polo que as persoas que desexen.