O Ministerio de Administracións Públicas aproba os 79 proxectos do Concello de Lugo presentados ao FEIL

Miércoles, 28 de enero de 2009
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou que o Ministerio de Administracións Públicas aprobou todos os proxectos presentados polo Concello de Lugo ao Fondo Estatal de Inversión Local, son un total de 79 proxectos que contan cun investimento de 16.610.880 euros.

A Concelleira explicou que tal e como recolle o Real Decreto-Ley 9/2008 de 28 de novembro, os Concellos deberán comezar a licitación das obras antes de que trasncurra o prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación na web e os que estén orzamentados en menos de 60.000 euros deberán estar xa adxudicados. Méndez explicou que mañá, xoves 29 de xaneiro, inciaranse os expedientes de contratación de tres das obras presentadas ao Fondo:

- Adecuación zona verde Costa da Viña. Ampliación do Parque de Marcos Cela.
(322.955 euros)

- Ampliación da piscina cuberta climatizada do parque da Milagrosa (Frigsa) . (2.708.548 euros)

- Remodelar pistas de tenis do parque da Milagrosa) (161.648 euros)

Segundo a Concelleira, nos pregos para a contratación das obras subvencionadas polo Fondo Estatal primarán nos criterios de adxudicación que a obra proxectada contribúa ao fomento do emprego. Por iso, na Mesa de Contratación valorarase o volumen de man de obra contratada e o número de persoas en situación de desemprego que se contraten, xa que o principal obxectivo destas inversións é o fomento do emprego. Méndez indicou que “seguimos a dar todos os pasos para ter unha gran inversión na cidade, para crear un maior equilibrio entre os barrios e entre o urbano e o rural; pero, sobretodo, para crear postos de traballo, dar traballo ás empresas constructoras e ás empresas que as subministran, aos aparelladores, arquitectos, delineantes, e demáis persoas involucradas na execución dos proxectos”.

Xunta de Goberno Local
Por outra banda, a Concelleira deu conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local, e indicou  que se aprobou inicialmente o proxecto de obras ordinarias de “Liña de Media Tensión, Centro de Transformación e seccionamento para o novo hospital de Lugo”. Trátase de realizar unha liña dobre circuíto de 20Kv. dende a nova subestación ata un centro de seccionamento para o Hospital e un CT da compañía para melloras do subministro eléctrico da zona. O orzamento previsto na obra civil e na man de obra é de 639.652,55 euros.

Nesta Xunta de Goberno tamén se aprobaron dúas licenzas de actividade e oito licenzas urbanísticas, así como a realización de traballos extraordinarios por parte de diverso persoal municipal por mor da celebración das vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia.

Multimedia