Presentado o IX Torneo de Prebenxamíns de Fútbol Sala

Martes, 29 de abril de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Esta mañá foi presentado no Concello de Lugo o IX Torneo de prebenxamines Escola Terra de fútbol sala que está organizado pola Fundación Azkar xunto con Prone Lugo e a Escola de fútbol sala Terra e no cal colaboran a Concellaría de Deportes do Concello de Lugo e o Colexio de Árbitros de Lugo e que está patrocinado por Transportes Azkar e Cocacola.

Á rolda de prensa de presentación do Torneo acudiu o Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, o Xerente da Fundación Azkar, Oscar Hermida, e o Director do Torneo, Diego Ríos.

Díaz Grandío mostrou a súa satisfacción por “chegar a esta novena edición e por non perder a tradición deste Torneo que segue crecendo ano a ano en participación e que é unha experiencia importante e gratificante para os nenos máis novos lucenses e que practican fútbol sala”. Pola súa banda o Director do Torneo explicou brevemente como se desenvolverá o mesmo comentando a principal novidade para este ano: “nesta edición o tempo de partido pasa de ser de dous tempos de 20 minutos a ser catro de 10 minutos. Cada cuarto terá o seu resultado e o equipo que gañe cada cuarto sumará un punto. Deste xeito buscamos que os nenos compitan mellor e así non se dean tantos resultados avultados”.

Para rematar o Xerente da Fundación Azkar comentaba que “ano tras ano este torneo convértese xa nunha tradición e que se chegue á novena edición é algo gratificante. Como sempre dar as grazas ao Concello de Lugo por seguir confiando na Fundación Azkar e a Escola Terra para organizar este evento do mesmo xeito que aos patrocinadores do mesmo”.

O Torneo arrinca este sábado

Esta novena edición do Torneo de prebenjamines arrinca este mesmo sábado coa disputa da primeira xornada en cada unha das dúas divisións. En total son seis as xornadas nas que se divide o Torneo, disputándose nos seguintes sábados: 3, 10, 24 e 31 de maio e 7 e 14 de xuño.

Este Torneo dispútano os nenos nacidos nos anos 2000, 2001 e 2002, e en total serán 20 os equipos que disputen o mesmo cunha participación total duns 225 nenos/as. En cada unha das dúas divisións existirá unha primeira e segunda fase, sendo na segunda cando se coñecerán os postos finais de cada equipo.

O lugar de celebración do Torneo, nas datas sinaladas, será o Centro Deportivo Terra de 09:30 a 14:30 horas, xogándose simultaneamente cada hora dous partidos nas dúas pistas habilitadas. O sistema de competición será por liguiña e as regras da mesma rexeranse polas da Federación Galega de fútbol sala. Como regra imprescindible da organización en cada partido cada equipo deberá utilizar a todos os seus xogadores/as inscritos ao longo do encontro.