Comezan os obradoiros organizados polo Concello para a mocidade lucense

Miércoles, 23 de abril de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O programa de actividades da nova edición do Elixe 2008 organizado pola Concelleira de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, comeza a vindeira fin de semana.

As actividades foron elexidas polos rapaces e rapazas da cidade a través dunha sondaxe realizada a través da páxina web do Concello e coas suxestións feitas polas Asociacións Xuvenís e dos Radares Xuvenís.

As actividades elexidas foron as seguintes:
- Musicoterapia: un taller no que facendo uso dos sons, trazos musicais e estruturas rítmicas conséguense resultados directos e indirectos a nivel psicolóxico, psicomotriz, orgánico e enerxético ou o que é o mesmo, emprégase a música para mellorar a aprendizaxe, a coordinación e a resistencia física.

- Curso de hip-hop: con raíces na música africana, o curso de hip-hop vaille ofrecer a oportunidade aos xoves que participen no mesmo de iniciarse neste movemento popular e cultural a través dos 5 elementos que o conforman: o breakdance, o rap, iniciación radiofónica, graffiti e D.J.

- Ciencia Divertida: un obradoiro para adentrarse no mundo da ciencia dun xeito lúdico e recreativo, achegándonos ao seu segredo no que as rapazas e rapazas poderán descubrir que a ciencia pode ser a conxugación de tan só dous elementos: educación e entremento.

- Interpretación de soños e filtros de amor: aprenderemos a interpretar os nosos soños encamiñándoos ao noso crecemento persoal e como proxección de nós mesmos, dos nosos problemas, dos nosos desexos e, mesmo das nosas alegrías. Así mesmo, coñeceremos que materiais nos ofrecen os tres reinos da natureza para a elaboración dos nosos feitizos de amor.

- Curso de curtometraxes e elaboración de medios audiovisuais: en convenio coa fundación T.I.C. este obradoiro centrarase no pulo e consolidación do emprego das diferentes tecnoloxías, fundamentais hoxe en día dentro da que está considerada como sociedade da información.

Os horarios dos obradoiros serán os seguintes:

CENTRO SOCIAL UXÍO NOVONEYRA

Venres
18:00-20:00: Ciencia divertida

20:00-21:30 Curtametraxes-TIC

22:00-00:00 Interpretación de soños

22:30-23:30 A bailar

22:30-23:30 Faladoiros

Sábado:
22:30-00:00 Manualidades

22:30-23:30 Faladoiros

CASA DA MÚSICA

Martes e Mércores: 19:30-21:30 Iniciación á Radiofonía
Martes e Mércores: 20:00-21:30 Iniciación a DJ, Graffiti, Breakdance e Rap

Sábado: 20:00-22:00 Musicoterapia

TALLERES ARDE LUCUS CUARTEL DE GARABOLOS- CS UXÍO NOVONEYRA

Martes e venres
19:00-22:00 Corazas, coiro e traxes

Sábado
11:30-13:00 Traxes Arde Lucus (C.S. Uxío Novoneyra)
22:30-00:00 Coiro (C.S. Uxío Novoneyra)

A inscripción nos obradoiros debe realizarse na Concellería de Xuventude no 3º andar do Centro Social Municipal Uxío Novoneyra, no correo electrónico xuventude@concellodelugo.org ou no teléfono 982 284 814.