O ximnasio de As Pedreiras acollerá en maio un intensivo de tenis de mesa

Lunes, 21 de abril de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Depotes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, e o Club de Tenis de Mesa Dez Portas organiza para o mes de maio un curso intensivo de Tenis de mesa.

As clases terán lugar no ximnasio da piscina municipal de As Pedreiras os luns e mércores de 17:00 horas a 19:00. O curso, impartido por Stefan Moraru (exseleccionador nacional de Rumanía), está destinado a rapaces a partir de 10 anos.

As persoas interesadas en participar ou en recibir máis información poden facelo nas oficinas da Concellería de Deportes da Piscina de Figsa ou a través do teléfono 982 206 340.

O tenis de mesa lucense
O Club Deportivo Dezportas Lugo T.M. de Tenis de Mesa culminou a súa segunda tempada de competición na súa categoría (3º Galega) cun merecido triunfo, feito este que o catapulta ao ascenso directo a 2º galega, cumprindo así o obxectivo marcado para esta tempada.

A liga este ano estivo disputada basicamente entre dous equipos; o Dezportas A de Lugo e o Afer Formación de Rábade, a dúbida do liderado resolveuse coa ampla vitoria por 4-0 no penultimo partido da xornada que disputaron ambos os equipos.

O Club Deportivo Dezportas Lugo T.M., conta actualmente con dous equipos federados, e uns obxectivos moi definidos de cara á próxima tempada:

1.- Creación dun terceiro equipo federado.

2.- Ascenso do primeiro equipo de segunda a primeira división galega

3.- Ascenso do segundo equipo de terceira a segunda división galega

4.- Creación e posta en marcha dunha escola deportiva de Tenis de Mesa.

Sobre este último punto, pesa o gran obxectivo e ilusión do Club Dezportas, xa que significa espertar na cidade de Lugo, e sobretodo nos máis novos, a inquietude, paixón e con adestramento destreza por este deporte.

Para iso, o Concello de Lugo, presta a súa axuda como respaldo á escola que estará baixo o mando dun adestrador con gran experiencia e bajage deportivo e profesional no ámbito do tenis de mesa: Stefan Moraru, transmitirá en Lugo os seus amplos coñecementos sobre tenis de mesa.

O seu currículo por suposto, non deixa indiferente a calquera. Foi 26 veces campión de Romanía en distintas categorías, participou en catro campionatos do mundo e en tres europeos. Hai que destacar a consecución do campionato de Europa infantil feminino do equipo de Rumania como seleccionador nacional, un longo etc, que nos fai ver que Moraru domina á perfección os segredos deportivos do tenis de mesa.