Preto de 70 persoas participaron na xornada Innovación: Motor de competitividade empresarial

Jueves, 28 de febrero de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A xornada Innovación: motor de competitividade empresarial organizada pola Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, e a Fundación InnovaPyme de Galicia tivo lugar hoxe nas instalacións do CEI-Nodus.

Preto de 70 persoas coñeceron da man de José Ramón Pais Curto, Vicepresidente da Fundación InnovaPyme, as axudas á innovación empresasial ás que poden optar as Pemes.

Antonio Mateos, Director de Denvolvemento de negocio de CTAG, Alberto Martínez Pintos da área comercial de AIMEN, e Carlos Ruiz Blanco, adxunto da dirección xeral de Anfaco-Cecopesca, falaron sobre os Centros Tecnolóxicos como apoio á innovación na Peme.

José Manuel Cajide presentou o Programa de Dinamización da Innovación: innicia e innercia da Fundación InnovaPyme.

Os participantes analizaron nun coloquio que puxo fin á xornada as súas dúbidadas sobre temas como as garantías da innovación, os mecanismos para a financiación ou as estratexias empresariais.

As entidades participantes na Xornada, contan cun abalado prestixio no campo do desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.

1.- Fundación Inovapyme Galicia.- constitúese como entidade de interese galego sen ánimo de lucro, coa misión de promover e contribuir eficazmente á investigación científica, así como ó desenrolo tecnolóxico e a innovación en tódalas súas manifestacións na Comunidade Autónoma Galega.

Nos últimos tempos a xestión da innovación nas empresas considérase como o camiño a seguir para o crecemento e competitividade nos mercados globais: cooperación entre axentes, aceptación social do risco e formación son as chaves que deben ser impulsadas para conseguilo.

As liñas estratéxicas da Fundación son:

1. Crear e fomentar e retroalimentar os procesos sectoriais de Intelixencia Competitiva a través da Vixilancia, prospección e benchmarking.
2. Apoiar a reorientación da Investigación cara á Innovación: garantías de éxito do esforzo investido.
3. Garantir o retorno do investimento da innovación mediante mecanismos de protección do coñecemento.
4. Mellorar o uso e o coñecemento dos mecanismos dispoñibles para o financiamento da innovación.
5. Fomento da formación inicial e continuada aliñada coas necesidades estratéxicas empresariais.
6. Xestión do coñecemento rexional: captura, difusión, asimilación e aplicación con priorización sobre a transferencia tecnolóxica.
7. Sensibilización social para a aceptación do risco da innovación como modelo para mellorar a competitividade.

Para iso a Fundación InnovaPyme Galicia traballará para:
• Aliñar a Estratexia Empresarial cos intentos de innovación. Unha clara coordinación é necesaria e imperativa.
• Diagnosticar a situación: Coñecer as túas fortalezas e romper os patróns comúns dos teus competidores.
• Utilizar metodoloxías que produzan descubrimentos relevantes.
• Construír iniciativas usando protocolos CLAROS.
• Manter a énfase en prototipos e plataformas futuras

2.-O Centro Tecnolóxico AIMEN, durante os seus 40 anos de actividade ao servizo das empresas, dedicou os seus esforzos ao desenvolvemento e fortalecemento da capacidade competitiva das empresas a través do fomento e a execución de actividades de I D i, así como á prestación de servizos tecnolóxicos de alto valor engadido.

É a dunha Asociación Privada sen fins lucrativos, que integra entre as súas asociados empresas de diversos sectores industriais de Galicia: metalurgia, automoción, construción civil, inspección, metal-mecánica, construción naval, química, fundición, bens de equipo, cerámica, alimentación, cemento, madeira e aglomerados, plásticos, enxeñería, montaxes e outros. A Asociación está constituída por 70 asociados e dá servizo a máis de 500 empresas dedicadas a actividades tanto industriais como mercantís.

O seu obxectivo é ser un Socio Tecnolóxico e Estratéxico para cada un dos seus Asociados, contribuíndo á mellora das súas capacidades tecnolóxicas incrementando así os niveis de competitividade. Ademáis atendeás necesidades tecnolóxicas das entidades e empresas que o requiran e fomenta a investigación, perfeccionamento e desenvolvemento dos materiais e das súas tecnoloxías de unión.

AIMEN contribuíu ao desenvolvemento e fortalecemento da capacidade competitiva das pemes galegas no ámbito da tecnoloxía e da innovación, realizando actividades como:

-Servizos tecnolóxicos: ensaios, análises, calibraciones e certificacións de produto.

-I+D nas liñas de materiais e procesos de fabricación, tecnoloxías de unión, centro de aplicacións láser e medio ambiente.

-Apoio á I+D+i: elaboración e desenvolvemento de proxectos de I+D+i, transferencia tecnolóxica, xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica.

-Servizos de consultoría nos ámbitos de Calidade, Medio, Xestión do Mantemento e Organización empresarial.

-Servizos de deseño e simulación, proxectos e instalacións industriais, inspección e ensaios non destrutivos.

-Apoio á formación técnica.

3.- O Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca é un Centro de Innovación e Tecnoloxía creado co obxectivo de prestar un servizo integral ás empresas do sector transformador dos produtos da pesca e a acuicultura: control analítico de produtos e materias primas, optimización dos procesos produtivos, minimización de residuos, desenvolvemento de actividades de I D i, transferencia de tecnoloxía ao sector, etc.

O seu fin é promover a calidade, investigación, innovación e desenvolvemento tecnolóxico no campo da conservación de produtos da pesca e da acuicultura; prestar asesoramento científico, tecnolóxico e normativo; prestar asistencia técnica ás empresas do sector para o asesoramento e implantación de estándares de autocontrol en aspectos relacionados coa fabricación, manipulación e hixiene das instalacións. Tamén se realiza asesoramento en temas ambientais e ponse a disposición das empresas todos aqueles mecanismos que favorezan a competitividade do sector e impulsen o seu desenvolvemento industrial.

4.- O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia - CTAG - é unha entidade creada para ofrecer solucións tecnolóxicas avanzadas ao sector do automóbil. Apoia ás industrias do sector na súa modernización e adaptación ás novas tecnoloxías e conta cuns recursos humanos de alto nivel e cunha gran capacidade de dedicación ao cliente.

A misión do CTAG é contribuír ao aumento da competitividade das empresas de automoción, mediante a apropiación e transferencia de tecnoloxías relacionadas, así como orientar e impulsar o desenvolvemento, a investigación e a innovación tecnolóxica no sector.

Establece catro obxectivos fundamentais:
- Dar un servizo eficaz ás empresas do sector de automoción, a través duns servizos próximos aos seus necesidadaes presentes e futuras.

- Desenvolver as capacidades propias necesarias que permitan xerar un valor engadido de calidade e en constante mellora.

- Servir de referente e guía no relativo ao desenvolvemento e a innovación tecnolóxica, estando á vangarda do estado da arte nas áreas de especialización.

- Contribuír á mellora da cualificación tecnolóxica da súa contorna xeográfica e social.

Os servizos que pode achegar CTAG abarcan calquera proxecto relacionado con novos produtos (xa sexa un compoñente concreto ou sistemas completos) independentemente da súa natureza, desde o seu deseño e concepción, fabricación de prototipos e preseries, ata a realización de ensaios de validación ou o desenvolvemento da súa industrialización...

O Centro conta con outros servizos de información e consultoría, apoiados por un traballo permanente de antena tecnolóxica.