Toma posesión o novo interventor do Concello de Lugo

Viernes, 01 de febrero de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O novo interventor do Concello de Lugo, Marcial Rodríguez Toajas, tomou posesión do seu cargo o venres 1 de febreiro, sustituindo a Rosa Abelleira, actual interventora da Deputación Provincial de Lugo.

O interventor tomou posesión nun acto no que estiveron presentes o Concelleiro de Réxime Interior, José Rábade, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Xefa de Persoal do Concello de Lugo. Unha vez rematado o acto, Rodríguez Toajas foi presentado a todos os xefes de servizo da Administración Local.

Marcial Rodríguez Toajas, sevillano de nacemento pero de ascendencia galega, é un profesional de recoñecido prestixio que foi responsable do servizo de intervención do Concello de Sada.