O Concello mantén que a estación de tren debe seguir no Barrio onde está

Martes, 29 de enero de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, quixo explicar unha vez máis cal é a postura do goberno local con respecto á ubicación da estación do tren, que algunhas forzas políticas queren trasladar ás aforas de Lugo, concretamente á zona do Ceao,

“Hai un tema que me preocupa moito como Alcalde e como cidadán de Lugo. Non quero que pase un día máis sen que os cidadáns coñezan a miña postura e a do grupo que respalda ao goberno municipal en canto á estación de ferrocarril.”

López Orozco lembrou, como xa anunciou en maio o anterior responsable de Urbanismo e actual Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, que non van a permitir o desmantelamento do Barrio da Estación. “Cando chegue o AVE á nosa cidade, por certo xa demos un paso máis, xa se fala da súa chegada, ten que facelo por onde está. Pobre de Lugo se nos quitan a estación desa zona”.

O Alcalde explicou que nas conversas cos responsables do Ministerio de Fomento o pasado sábado, mantiñan a intención de que o trazado chegue ao Barrio da Estación “é importante para este barrio e para o do Sagrado Corazón”.

O Alcalde desmentiu que as vías do tren dividan a cidade: “as pontes permiten que por debaixo pasen as augas e o ferrocarril, por iso no Plan Paradai -que desbloqueou o goberno de López Orozco- está a Ponte Romai e a Ponte Paradai”. Esta última forma parte da segunda fase do Plan Paradai que levará a cabo a Consellería de Política Territorial “xa está feito o proxecto e a intención da Conselleira e poñelo en marcha o antes posible”.

Nesta zona tamén está a Ponte de Carlos Azcárraga, as tres permiten a unidade da cidade, polo que o goberno local non atopa xustificación para querer levar a estación de tren ao Ceao “non lle fagan ese prexuizo tan grande á cidade de Lugo”

“Mentras eu sexa Alcalde non consentiremos, a non ser que haxa cuestións técnicas de forza maior, que a estación de ferrocarril se vaia de onde está”. O mandatario destacou que as cidades modernas deixan a estación na cidade “a ese acordo chegou tamén Santiago de Compostela hai uns días”.

López Orozco reiterou o seu compromiso coa chegada do tren de alta velocidade á cidade “O ano 2008 vai ser o ano do AVE na cidade de Lugo. O que prometo fágoo, con discreción pero teñan a seguridade de que xa estou defendendo ese interese”.