A cidade conta cun novo xardín con zona de xogos infantís na rúa Aquilino Iglesia Alvariño

Viernes, 04 de enero de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, visitaron xunto a outros membros da Corporación Municipal, este xoves, 3 de xaneiro, unha nova zona verde da cidade situada na rúa Aquilino Iglesia Alvariño.

Este xardín, que está integrado nunha extensión de preto de 10.000 metros cadrados xunto a tres bloques de vivendas de promoción pública, ten unha extensión total de 1.350 metros cadrados e dará servizo a unha das zonas máis poboadas da cidade.

O xardín está dividido en tres zonas diferenciadas por camiños pavimentados con adoquín cerámico que comunican cos accesos aos portais das vivendas colindantes. O parque está atravesado por sendeiros transitables que unen as distintas zonas e están construídos con gravilla de cantos rodados distribuída nun novidoso sistema chamado “nidagravel” que consiste nun material inalterable en forma de enreixado de nido de abella que sirve para conter as pedras e evitar o seu esparcemento.

A zona de parque conta con 17 bancos de madeira e dúas fontes públicas repartidos en torno a unha praciña que sirve de centro de reunión e que está rodeada dun xardín de 600 metros cadrados de céspede natural. O parque conta con once árbores, seis photopinias, un fresno amarelo e catro robinias, ademáis de 665 arbustos de sepecies diversas como azaleas, madroños, aveláns, acivros, berberis ou spirias, entre outras, que teñen floración en distintas épocas do ano.

Para o rego o Concello de Lugo instalou un sistema automático con programador que servirá para regular o consumo de auga de xeito ecolóxico.

Os nenos da zona dispoñen dun xardín de 122 metros cadrados que acollen distintos xogos infantís, como un bambán, un tobogán, columpios e un areeiro. Todos estes aparellos de xogos cumpren as medidas de seguridade, ao igual que o chan, que está construído con caucho continuo, material que serve para amortiguar o impacto de caídas.

Ademais, a zona de xogos e o areerio están cercados cun balado de madeira que delimita a zona e impide que os máis cativos salgan á rúa.

Segundo explicou o Alcalde, esta zona tiña nun principio o destino para instalacións deportivas, pero por solicitude dos veciños, e por aprobación unánime do Pleno, cambiouse a súa calificación pola de verde.

O Alcalde recordou que estas obras contaron cun orzamento de máis de 70.000 euros e lembrou que o goberno municipal continúa apostando pola creación de espazos verdes e de esparcemento para os lucenses, nunha cidade que xa supera os metros cadrados de zona verde por habitante recomendado pola OMS tendo unha superficie verde por habitante de 11,3 metros cadrados, unha das máis altas das cidades galegas.

En Lugo xa existen unha trintena de parques infantís distribuídos por todos os barrios da cidade.