O Concello de Lugo inviste máis de 170.000 euros en obras en execución en varias rúas da cidade

Martes, 18 de diciembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Infraestruras, José Piñeiro, informou da execución de varias obras que se están a acometer na cidade.

O edil indicou que se está a continuar co plan de renovación de pavimentos que acomete a súa concellería nas rúas de Lugo que se foron deteriorando co tempo. "Este tipo de obras realízanse en vías que pola súa antigüedade xa non é suficiente o rebacheo nin o mentemento habitual e precisan un novo pavimento", tal e como explicou o edil.

O Concello iniciou este plan no barrio de Albeiros coa rúa Dolmen, rúa do Cruceiro, Pintarroxo, nas proximidades a Illas Canarias, como é a rúa Flor de Toxo, rúa Monte Cardamón.

Tamén se está a traballar en catro proxectos para renovar o pavimento nas rúas Roi Xordo, rúa Cambria, Celso Emilio Ferreiro e Pintor Corredoira. Os proxectos contemplan as seguintes obras:

- A instalación dunha nova capa de rodadura coa aplicación de aglomerado quente;

- A renovación de beirados, sumidoiros e sistemas de recollida de augas pluviales.

Estas actuacións contan cun presuposto que supera os 170.000 euros. A rúa Pintor Corredoira, conta cun orzamento de53.918 euros, ó proxecto da rúa Roi Xordo destinaranse 59.920 euros, a rúa Celso Emilio Ferreiro 29.900 euros e a rúa Cebrián 28.223 euros.

O Concelleiro indicou que próximemamente realizaranse máis obras deste tipo, na Avenida de Ramón Ferreiro, na rúa Doutor Fleming e na rúa Irmáns Vilar Ponte. Nestas actuacións cambiarase tamén a rede de abastacemento.

A avenida de Ramón Ferreiro que xa está en proceso de contratación terán un prazo de execución de catro meses e contan cun presuposto de 139.646 euros.