Preto de 2.500 atletas inscribíronse na VI Carreira Popular Lugo Monumental

Martes, 18 de diciembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A VI Carreira Popular Lugo Monumental conta con 2.480 atletas inscritos de toda Galicia e de distintos puntos de España. Na proba de adultos inscribíronse 1.500 corredores e na infantil 980 nenos.

Esta proba, que terá lugar o domingo 16 de decembro, xa cumpre a súa sexta edición e está consolidada no ranking de carreiras galegas ademais de estar moi ben valorada polos participantes, incluso por enrriba de probas máis antigas que esta. Esta é unha das carreiras máis concurridas da cidade e de toda Galicia, pois concorren atletas da cidade e doutros puntos de Galicia, incluso de fóra da comunidade.

Na saída da proba absoluta os atletas portarán unha pancarta de apoio do Concello de Lugo e de todos os atletas de Galicia á declaración da Torre de Hércules como monumento Patrimonio da Humanidade, aproveitando que a maior parte da carreira transcorre preto da Muralla de Lugo e que ese día estarán presentes moitos atletas coruñeses.

Como é tradicional celebrarase o domingo anterior ao Nadal e arrincará a por categorías a partir das 11:00 horas, abrindo a carreira os máis pequenos. A carreira absoluta comezará ás 12:00 horas. Aproveitando o tramo peonil da Ronda da Muralla, a saída instalarase neste punto en sentido a rúa Vilalba.

Como en anos anteriores, os participantes poderán recoller os dorsais e os chips na carpa que instalará a organización na Praza de Anxo fernández Gómez o sábado 15 de decembro de 17:00 a 20:30 horas e o domingo de 9:00 a 10:30 horas.

Os participantes optarán a premios como 1 lacón galego para os clasificados nos postos 600, 700, 800, 900 e 1000; vales monetarios para compra de material deportivo; medallas para os primeiros clasificados e para todos aqueles que crucen a meta.
Con motivo da carreira o Gabinete de Tráfico do Concello de Lugo porá en marcha un disposistivo especial para sinalizar o percorrido da proba e canalizar o tráfico das rúas afectadas. Desde as 10:45 ata as 13:30 horas, a rede semafórica da Ronda da Muralla e a Praza Irmáns Pedrosa permancerán en luz amarilla intermitente (“destellos”)., durante el desarrollo de la prueba y hasta que finalice la misma, momento en que volverán a su funcionamiento normal.

Así mesmo, o tráfico da Ronda da Muralla á altura da rúa Santiago permanecerá cortado a partir das 11:00 horas e o desvío alternativo farase pola rúa Santiago.