Cubertas a metade das prazas para a xornada Xestión dos Residuos urbanos

Miércoles, 14 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Continúa aberto o prazo de inscrición na xornada técnica A Xestión dos Residuos Urbanos, organizada pola concellería de Medio Ambiente, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Ata o de agora xa se cubriron case a metade das prazas, pero manterase aberta a inscrición ata o día do congreso. Esta xuntanza de especialistas terá lugar o próximo día 15, martes, no salón de actos da facultade de Humanidades, e ten como obxectivo ofrecer información técnica especializada sobre a xestión de residuos urbanos e, en especial, sobre a recollida selectiva dos envases. Vai orientada a responsables políticos e funcionarios da administración local; técnicos e profesionais relacionados con esta materia; profesores de Educación Primaria e Secundaria; alumnos; e representantes de asociacións así como veciños interesados na materia. Os expertos analizarán temas tan diversos como a xestión dos residuos urbanos no Concello de Lugo, o retorno dos envases ou a concienciación cidadá. A xornada rematará cunha mesa redonda na que participarán asociacións veciñais e ecoloxistas, entre outros. A inscrición é gratuíta. Pode realizarse a través da páxina web, ou ben na Concellería de Medio Ambiente (tfno: 982 297 244) ou na empresa Novotec Consultores (tfno: 981 014 747).