Organizada pola Concellería de Medio Ambiente

Miércoles, 14 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A xornada técnica sobre A Xestión dos Residuos Urbanos, organizada pola concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar hoxe no salón de actos da facultade de Humanidades de Lugo. Esta xornada ten como obxectivo ofrecer información técnica especializada sobre a xestión dos residuos urbanos e, en especial, sobre a recollida selectiva dos envases. O congreso está dirixido a responsables políticos e funcionarios da administración local; técnicos e profesionais relacionados con esta materia; profesores de Educación Primaria e Secundaria; alumnos; e representantes de asociacións así como veciños interesados na materia. Os expertos analizarán temas como a xestión dos residuos urbanos no Concello de Lugo, a recollida selectiva, o reciclaxe de envases e a concienciación cidadá. A xornada rematará cunha mesa redonda na que se tratará a participación cidadá na xestión dos residuos urbanos.