O Servizo de Augas do Concello de Lugo anuncia cortes na subministración para realizar obras de mellora na rede

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Servizo de Augas do Concello de Lugo terá que cortar a subministración en diversas rúas da zona das Gándaras en Lugo para levar a cabo obras de mellora na rede de abastecemento.

O corte será este mércores de 8:00 a 11:00 da mañá. É posible que despois durante algunhas horas os veciños teñan pouca presión nas súas casas.

As rúas afectadas son:

- Rúa Camiño de Romai
- Rúa Tres Marías
- Rúa San Xosé
- Calzada das Gándaras
- Rúa Monte Adairo
- Camiño de Herrero
- Rúa da Ferradura
- Camiño da Fonte
- Rúa Casas Vellas
- Rúa Aguia
- Rúa do Cuco
- Rúa Virxe dos Ollos Grandes
- Rúa Virxe da Soidade
- Rúa Trasdocolexio
- Rúa Camiño Gustavo
- Rúa Uriol
- Rúa da Garza
- Rúa Lavanco
- Rúa Venancio Senra
- Rúa Gaivota
- Rúa Monte Pico Sacro
- Rúa do Galo
- Rúa da Bolboreta
- Rúa Paporrubio
- Rúa Monte Tegra
- Rúa do Pombo
- Rúa da Pola
- Zona da Campiña