Comeza unha nova edición do circuíto de carreiras populares Corre con nós

Miércoles, 14 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O vindeiro domingo 11 de novembro, ábrese una nova tempada do circuíto de carreras populares Corre con Nós organizado pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío. A primeira das carreiras comezará ás 12:00 horas nas Pistas de Atletismo Gregorio Perez Rivera.

As inscricións para esta primeira carreira finalizaron o xoves día 8 de novembro, pero os que desexen unirse á competición poderan facelo despois desta primeira proba segundo marca o regulamento.

A organización de Corre con Nós agarda para esta primeira carreira superar a previsión dos anos anteriores cunha participación entorno os 1300-1400 participantes en total.

Os 3 primeiros clasificados das carreiras dos rapaces terán trofeo en tódas as probas, mentras que os adultos irán puntuando para a clasificación final do circuíto.

O finalizar cada una das carreiras contarase co avituallamento de Coca Cola, empresa colaboradora desta cita do deporte lucense, xunto coa empresa de material deportivo New Balance, que será a que cederá o material deportivo ós ganadores dos premios finais do circuíto de adultos. Tamén se sortearán as 3 sesión cedidas por “Lucus Spa” entre todos os adultos chegados á meta.

Toda a información referente a este circuíto está aloxada na páxina web do Concello, www.lugo.es.

•Horarios da carreira do domingo 11 de Novembro

-10:30 horas a 11:30 horas: recollida de dorsais rapaces e recollida de dorsais e chips para os adultos na carpa de organización.

- 12:00 horas: 1ª carreira categoría A para os nacidos nos anos 99 ó 2003 que percorrerán una distancia de 800 metros (2 voltas ás pistas) donde a novidade de este ano e a particularidade de que os rapaces deberán de correr sólo sen o acompañamento dos seus país que os recollerán ó finalizar a mesma.

- 12:10 horas: 2ª carreira categoría B para os nacidos nos anos 96-97-98 que percorrerán una distancia de 1420 metros.

- 12:25 horas: 3ª carreira para as categorías C e D nacidos entre os anos 92 e 95 sobre una distancia de 2350 metros.

- 12:40 horas: Carreira adulta donde a inscripcións xa alcanzan os 850 atletas para esta primeira proba que percorrerán una distancia de 4.300 metros.

O acceso ó recinto da carreira pecharase as 11:30 horas para todos aqueles que queiran aparcar nas inmediacións do circuíto.