A Consellería de Cultura apraza a reunión para tratar o PXOM

Miércoles, 14 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Director de Xeral de Patrimonio, Felipe Arias, suspendeu esta mañá a reunión prevista para mañá, martes, no Concello de Lugo para falar do informe elaborado pola Consellería de Cultura sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Segundo indicou Felipe Arias a esta administración, a reunión tivo que cambiarse de data por coincidir con citas parlamentarias. Dende este organismo retrasaron o encontro até a próxima semana, concretamente o día 29 deste mes.

Nesta reunión, solicitada polo Concelleiro de Urbanismo e Voceiro municipal, José Ramón Gómez Besteiro, trataranse de achegar posturas para poder aprobar o PXOM o antes posible.