O Concello abre o prazo de inscrición para os cursos de verán de tiro con arco

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes abre o prazo de inscrición para os cursos de verán de tiro con arco dirixidos a rapaces de 8 a 15 anos e a maiores de 16 anos. O prazo permanecerá aberto desde este martes, día 19, ata o 26 de xuño. As solicitudes poderán formalizarse na Piscina Municipal de Frigsa.

As clases desenvolveranse ao longo dos meses de xullo e agosto no CEIP de As Gándaras e establécense dous niveis de formación, un de iniciación e outro de perfeccionamento. O prezo da matrícula é de 25 euros por curso e mes e realizarase un desconto do 20% do prezo da matrícula aos irmáns que se inscriban.

Os horarios dos grupos de iniciación, un de adultos e outro de rapaces, serán de 10 a 12 da mañá e de 12:00 a 14:00 horas respectivamente. Mentres que, os dous grupos de perfeccionamento terán as clases de 17 a 19 da tarde para os rapaces; e de 19:00 a 21:00 horas os adultos.

Este curso forma parte do programa especial deseñado pola Escola Deportiva Municipal de Verán, que organiza unha serie de actividades vinculadas á práctica de deportes como o tenis ou o piragüismo, entre outros, para que nos meses estivais a poboación lucense goce da oportunidade de aprender e desenvolver un deporte e, a súa vez, poder elixir entre diversas modalidades.