Comeza a demolición do tapón da rúa Ortega y Gasset

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Os Concelleiros de Urbanismo e de Infrasestruturas, José Ramón Gómez Besteiro e José Piñeiro, visitaron hoxe o comezo dos traballos de demolición do tapón da rúa Ortega y Gasset.

Esta operación da continuidade á política do goberno local de desfacerse dos distintos tapóns urbanísticos existentes na cidade, como foi o de López Guntín, que comezou o seu derrubamento a pasada semana.

Gómez Besteiro indicou que esta operación non suporá ningún gasto económico para o Concello, xa que o que fixo foi un traballo de xestión e de axilización de trámites. A negociación pechouse hai dez días.

O derrubamento afecta aos números 162 e 164 de San Roque e ao número 23 de Ortega e Gasset.

Segundo explicou o Concelleiro, nesta operación converxen dúas características, son edificios fóra de ordenación e en estado ruinoso.

Unha vez demolido o edificio, poderá procederse a ampliar o vial, “para dar saída á circulación dos vehículos da zona, tal e como demandaban”, dixo. Engadiu tamén que paralelamente suporá “a mellora da faciana da cidade nunha das súas entradas, en especial agora que a rúa San Roque presenta un estado moderno e embellecido tras a súa remodelación”.

Os traballos consistirán nestes días no desmontaxe do tendido eléctrico e telefónico e no vallado e aseguramento da zona antes de proceder á demolición. O Concelleiro avanzou que haberá problemas de circulación estes días pola zona debido a esta operación, pero insistiu en que “as obras son necesarias e os problemas procuremos que sexan os menos posibles”, dixo.

Por outra banda, o Concelleiro avanzou que esta tarde reunirase a Xunta de Compensación da Unidade de Actuación Sur K para proceder á adxudicación da obra. Segundo lembrou o Concelleiro trátase da operación de desenvolvemento urbanístico civil máis importante dos últimos vinte anos, “só comparable ao que foi o desenvolvemento de Cea de Olga”.

Serán un total de 2.500 millóns de pesestas para desenvolver 300.000 metros cadrados, “nos que haberá un amplo marxen de solo dotacional que lle permitirá á zona conseguir un papel protagonista na cidade”.

Por outra banda, o Concelleiro lembrou que no último pleno foi aprobada a calificación de zona verde para a rúa Gallego Tato e que, polo tanto, non se vai construír alí. Constestou deste xeito ás declaracións realizadas polo candidato Joaquín García Díez, aclarando que “demostra a falta de coñecementos deste candidato pola política local, xa que reclama unha actuación que xa foi realizada e acordada públicamente en pleno”. “Hai que estar informado e preocuparse menos pola coquetería”, dixo en referencia a afirmación realizada polo candidato popular na que afirmaba que o voto feminino está relacionado co aspecto físico dos candidatos.

“Esta afirmación demostra claramente a falta de respecto dun candidato ante as súas votantes mulleres minisvalorando a súa intelixencia”, suliñou.