Comeza a montaxe do escenario dos concertos do Festival Muralla Rock & Motos cunha nova ubicación

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Este martes, 11 de setembro, comeza a montaxe do escenario que acollerá os concertos do Festival Muralla Rock & Motos. A ubicación definitiva deste escenario será a explanada do aparcadoiro do campo de fútbol Ángel Carro, próximo á beira do río Miño.

O Concello decidiu modificar a situación prevista xunto á área recreativa dos Robles por motivos de accesibilidade, tanto para o público como para os tráilers dos grupos, e para asegurar a visión do escenario a todos os asistentes, pois é un terreo chá e sen árbores que poidan obstaculizar a visibilidade.

A zona de acampada trasládase á área recreativa da antiga Fábrica da Luz para manter a súa proximidade co espazo para os concertos e facilitar aos campistas e aos moteiros á mobilidade entre as distintas zonas do festival.