A música rock, unha concentración moteira e unha acampada protagonizan o II Festival Muralla Rock & Motos

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, presentou a nova edición do II Festival Muralla Rock & Motos que acollerá a cidade os días 14 e 15 de setembro. Nesta ocasión, o Concello de Lugo contará coa colaboración da Excelentísima Deputación Provincial que cede a explanada dos Robles, xunto ao río Miño, para a súa celebración. Neste espacio habilitarase unha zona de acampar, unha para a concentración de motos e outra para os concertos.

A Concelleira explicou que este festival retoma o seu espíritu inicial para rendirlle unha homenaxe á música rock. O festival contará coa presenza dos grupos máis emblemáticos e senlleiros do panorama do rock nacional. Ademais, o cartel inclúe unha nutrida representación dos grupos locais, que terán a oportunidade de dar a coñecer as súas composicións ante o público.

Este festival pretende achegar os estilos musicais máis rompedores e os seus principais representantes aos afeccionados á música dun xeito gratuíto, ademais de servir de trampolín para os grupos lucenses.

O cartel para o día 14 está conformado polas actuacións de Poncho K, o grupo ourensán Malasaña, Mirage, Durango e Santiago Campillo & The Electric Band. Abrirán a velada musical os grupos locais Arrhythmya, Keep Going, On Fucking Air, Few Days Later e Bronze.

O día 15 de setembro actuarán os grupos Saratoga, Stravaganzza, Talesien,Beethoven R e Ñú. Os responsables de abrir os concertos serán os lucenses Killers, Maldia, Estrella Negra e Sen Berce.

A edil animou a todos os lucenses e aos amantes do rock e das motos a participar nas actividades do festival, que ademais de ser gratuítas complétanse cunha concentración de motos internacional e unha mostra de artesanía.

Ademais, o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias instalará unha caseta para repartir de xeito gratuíto de vasos de plásticos e ofrecer asesoramento.

O Concello poñerá en servizo unha liña de autobuses especial que sairá desde a Praza de Santo Domingo a partir das 20:00 horas, cunha frecuencia de cada 30 minutos, hacia as instalacións do festival.

Para mais información sobre os grupos pódese consultar a web municipal, www.lugo.es.