Poncho K, Malasaña, Santiago Campillo & the Electric Band actuarán no II Muralla, Rock y Motos

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, presentou o cartel dos grupos que actuarán na primeira xornada do II Muralla, Rock y Motos que terá lugar o 14 de setembro na zona dos Robles do paseo do Miño. Nesta ocasión o Concello de Lugo contará coa colaboración da Excelentísima Diputación Provincial na cesión do espacio da súa celebración e que terá unha zona de acampar, unha de motos e outra para os concertos.

A Concelleira anunciou que nesta ocasión “tratamos de retomar o rock e o heavy da primeira edición do festival, xa que en Lugo hai moita afición por estes estilos musicais”. Tanto é así, que os grupos lucenses apuntados para participar no Muralla, Rock y Motos deste ano suman un total de 18.

O cartel para o día 14, dedicado á música rock, xa está pechado. A Concelleira anunciou que actuará o rockeiro poeta Poncho K, o grupo ourensán Malasaña e Santiago Campillo & The Electric Band. Aínda que o programa para o día 15 de setembro, día no que a música heavy será a protagonista, non está pechado, a Concelleira adiantou que actuará no festival o grupo Stravaganzza.

As actividades do festival completaranse cos postos dos artesáns e unha concentración de motos internacional.

Ollando a un xigante

En outro orde de cousas, Carmen Basadre aproveitou para presentar a actividade de verán “Ollando a un xigante” organizada polos Servizos Sociais Municipais. O programa desta iniciativa inclúe unha serie de observacións de astronomía dende un escenario de excepción: A Mosquera da Muralla.

Os días 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de agosto poderán disfrutar desta actividade gratuita todos aqueles que o desexen. No caso que as circunstancias metereolóxicas impidan a realización da actividade algún día dos previstos, trasladarase ó día seguinte.