O Alcalde e o Concelleiro de Protección da Comunidade presentaron melloras na Sala de Control de Tráfico e na rede semafórica

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo en funcións, José López Orozco, e o Concelleiro de Protección da Comunidade en funcións, José Ángel González Corredoira, visitaron a Sala de Tráfico situada nas dependencias da Policía Local, que experimentou notables melloras. Ademais informaron doutras novidades que, en total, supuxeron un investimento de case 90.000 euros.

“Esta sala está totalmente dixitalizada e conta con persoal que tamén pode facer cambios manuais segundo as necesidades do momento”, explicou o Alcalde diante os novos monitores. López Orozco afirmou que esta foi unha das últimas xestións realizadas por Corredoira, que “fixo un extraordinario traballo”. O mandatario municipal explicou que tamén fixo unha “reforma integral de Atestados, ofrecendo un mellor servizo ós cidadáns e ós numerosos usuarios que se achegan a estas instalacións”.

Para López Orozco “Lugo ten menores problemas de tráfico que outras cidades, sen embargo haberá que facer un plan de tráfico tendo en conta as novas circunstancias como o remate do Plan Paradai”.

Os investimentos presentados desglósanse do seguinte modo:

1º SEMESTRE 2007

REDE DE SEMÁFOROS

-Sustitución de bombillas de incandescencia por leds
-Contadores dinámicos

Investimento: 23.492,77 €

-Cruce de peóns da Ronda da Muralla/Vilalba
-Cruce de peóns de Santo Domingo/Raíña

Investimento: 13.970,95 €

CONTROL DE ACCESOS

-Traslado do C. Accesos da rúa O. Aguirre para a Ronda da Muralla

Investimento: 7.401,25 €

SALA DE CONTROL DE TRÁFICO

-Cámara de Tráfico praza de Asturias
-Cámara de Tráfico de Rúa Vilalba
-Cámara de Tráfico de Fonte dos Ranchos (sistema DOMO)
-4 monitores TFT para a Sala de Control
-Centralización dos cruces de semáforos da rúa Ourense/Lamas de Prado/Gardas
-Centralización do cruce de semáforos de Orquídea/Avda. Breogán

Investimento: 41.360,75 €

TOTAL INVESTIMENTOS: 86.225,72 €