O Concello renovou nos últimos 4 anos o 60% do parque móbil da Policía Local

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira, acompañados por todos os membros da Patrulla Verde, presentaron o novo vehículo todoterreo que estará a disposición desta Patrulla para ofrecer un mellor servizo ós cidadáns. Con esta adquisición conclúe a renovación do parque móbil policial, que nos últimos catro anos chegou ó 60% dos vehículos.

O Alcalde aproveitou a ocasión para felicitar á Patrulla Verde polo magnífico traballo que está a desenvolver. López Orozco explicou que ademais triplicou os seus servizos: “Quero felicitalos polo extraordinario que fixeron, non en favor do Alcalde ou do Concelleiro, senón en favor da cidade. Así se explica que de 1.626 servizos que tiñan no ano 2003 pasaron nestes 4 anos a 3.701. Poden estar vostedes orgullosos do seu traballo. Eu só quero pedirlles que sigan servindo á cidade como o están a facer”. Para López Orozco estes axentes “demostran que a Policía Local é unha extraodinaria Policía porque, mentres que haxa persoas como vostedes, podemos presumir diso”.

Co novo vehículo todoterreo, que tivo un custe de 36.000 euros, conclúe a renovación do parque móbil da Policía Local. Nestes últimos catro anos foron adquiridos 6 vehículos de diversas características e 8 motocicletas, que suman un investimento de 300.000 euros.