O Concello dará servizo de bus ao pazo universitario os días da Copa de España de Fútbol Sala

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Réxime Interior e Protección da Comunidade, que dirixe José Ángel Gónzález Corredoira, establecerá dende o xoves e até o domingo, un sistema de autobuses para dar servizo ao público asistente á Copa de España de Fútbol Sala, que se disputará no Pazo universitario nestes catro días.

Así, ás liñas 1 (Universitario-Piringalla), 4 (Tolda-Abella), 7 (As Gándaras-Campus) e 12 (especial Campus) darán servizo aos partidos que se disputen o xoves e o venres. Ademais, a liña 1 esperará ao remate do último partido da xornada (sobre as dez e media) para facer o último percorrido.

O sábado e o domingo tamén haberá servizo especial de transporte, co mesmo percorrido e horarios que teñen os que funcionan os días de partido do Breogán. Comezarán o seu percorrido unha hora antes do inicio do encontro e seguirán dúas rutas diferentes. Un sairá da Medusa e o outro das Gándaras, os dous con destiño ao campus. Ao finalizar o encontro volverán aos seus puntos de orixe.