O Concello invita aos lucenses a ver o espectáculo de luz e son co que se porá en marcha a fonte cibernética

Sábado, 10 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Un espectáculo de luz e son inaugura o luns, ás oito e media da tarde, a nova fonte cibernética situada nos xardíns de Ibáñez Méndez, na Fonte dos Ranchos.

A este espectáculo están invitados a asistir todos os veciños da cidade e poderá verse dende as oito e media desde a parte central da praza.

A fonte cibernética foi construída durante este ano coa intención de dotar á zona de Fonte dos Ranchos dunha importante infraestrutura que lle dera relevancia turística a este barrio, situado nunha das entradas á cidade.

Periodicamente esta dotación ofrecerá este tipo de espectáculos, de gran beleza e atractivo e que comezarán na noite do luns.