O Concello realiza a rexeneración de firme na zona da Milagrosa

Sábado, 10 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, anunciou hoxe o comezo do proceso de rexeneración de firma en varias rúas do barrio da Milagrosa. Esta obra deu comezo xa na rúa Tino Grandío, na que se está a fresar a rúa e que se extenderá o aglomerado en quente. Ademais, aprovéitase para meter algúns servizos.

Despois desta rúa seguirán as obras en Yáñez Rebolo, cun orzamento de 52.707 euros, e seguirán por Rúa Cambria, Pintor Corredoira e Celso Emilio Ferreiro, noutras zonas da cidade.

Segundo explicou o Concelleiro, moitas destas rúas teñen o firme en mal estado pero a situación dos servizos é boa. “Un simple rebacheo non é suficiente, razón pola que se realiza esta obra”, explicou o Concelleiro.

José Piñeiro explicou tamén que estes días remataron as obras na rúa Alexandre Bóveda, onde existía un problema de afundimento da vía causado pola construcción dunha zanxa para a canalización do cable.

O Concelleiro indicou que realizaron as obras nun tempo récord cun orzamento de 29.213 euros e nela contemplouse a reparación do problema, a reposición de media calzada e a construcción dunha rígola. A importancia desta vía para o tráfico rodado da cidade condicionaba a urxencia dos traballos.

O Concelleiro anunciou tamén que nos próximos días darán comezo as obras de abastecemento da Calzada Vella da Ponte, no tramo comprendido entre Fermín Rivera e Pontegaos. Ao mesmo tempo, realizarase a obra de saneamento de Pontegaos.

Segundo explicou, esta estrada deteriorouse moito nestes últimos días debido a que serviu de desvío para o tráfico rodado durante as obras na estrada de Santiago e Carretera Vella da Ponte.

O Concelleiro indicou que estas obras estarán en marcha nos próximos días xa que foron contratadas á empresa Construcciones Dios por 86.980 euros.

Finalmente, informou de que a Xunta de Goberno Local aprobou o mércores a demolición do tapón de López Guntín, que se levará a cabo nos próximos días. Esta obra foi encargada a Canalugo por un orzamento de 38.714 euros.

O Concelleiro explicou que unha vez que quede demolido este edificio, “quedará todo despexado para a continuación da Segunda Ronda”.