Lara Méndez comparte coa Confederación de Empresarios de Lugo as reivindicacións en materia de infraestruturas

A rexedora mantivo un encontro con Luis García Santalla no que quedou manifesta a concordancia de prioridades entre o Goberno local e o tecido produtivo lucense.

 
Viernes, 11 de junio de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez comparte coa Confederación de Empresarios de Lugo as reivindicacións en materia de infraestruturas

A alcaldesa, Lara Méndez, abordou esta semana con Luis García Santalla, representante da Confederación de Empresarios de Lugo na Comisión de Infraestruturas na Confederación de Empresarios de Galicia, as demandas e principais necesidades do tecido produtivo do municipio e resto da provincia nesta en materia.

No encontro, ámbalas dúas partes puxeron de manifesto a concordancia de prioridades que existe, “tanto para o Goberno local como para o tecido produtivo lucense co que, dende sempre pero especialmente durante a pandemia, camiñamos da man porque entendemos que o sector público e o privado deben aunar esforzos na procura da modernización e o progreso do país”, sinalou Lara Méndez.

A rexedora deu conta de que “unha das principais preocupacións compartidas son as melloras das dotacións viarias e ferroviarias da provincia entre as que figura a axilización do remate da Autovía Lugo – Santiago (A-54), como nexo vertebrador de Lugo co resto da Comunidade, pero tamén da A-56 que une Lugo con Ourense, que nos conecta con Portugal e coa Autovía do Cantábrico o que tería importantes repercusións para o transporte de mercadorías”, indicou a alcaldesa.

Durante a reunión Lara Méndez e Luis García Santalla departiron, alén,entre outros asuntos, sobre a urxencia de renovar o firme da N-540 entre Lugo e Ourense.

Falamos igualmente de que resulta indispensable que Lugo non quede descolgada das conexións por ferrocarril co resto o territorio nacional e autonómico para o que resulta fundalmental electrificar e modernizar a línea que une Monforte con Lugo e A Coruña, no que xa se está a traballar, pero tamén crear a Estación Intermodal, pola que este Executivo leva dous mandatos pelexando, ou recuperar o servizo de tren FEVE - que agora está cortado - para reanudar a saída de mercadorías de Alcoa e as provincias do norte, así como potenciar o Corredor Atlántico Ferroviario. Reivindicacións todas elas que, dende o Concello de Lugo, non só apoiamos senón que, como vicepresidenta do Eixo Atlántico, estamos a demandar ante todas as administracións”, avanzou a rexedora lucense.

Dentro das cuestións que a alcaldesa despachou con García Santalla foi a importancia de reducir a brecha dixital de comunicacións móbiles e de internet no rural, “para equilibrar o desenvolvemento territorial do país e reverter a Galicia Baleirada”, subliñou Méndez, así como pular para que Lugo conte con autoridade portuaria propia para xestionar os recursos xerados na provincia e mellorar tamén as infraestruturas eléctricas.