Obradoiro de Empleo InteracTICvate

APROBACIÓN DAS BASES E DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO INTERACTICVATE. (C.P. 182410203).-,

A continuación copio dous artígos das bases que sintetizan a finalidade e os prazos de solicitude:

Artigo 1.  Finalidade e duración dos incentivos á contratación por conta allea.

1. Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empleabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nos talleres duais de emprego, financiados a través da convocatoria 2018 de axudas e subvencións a talleres duais de emprego, pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pertencente á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. (DOG núm. 97, do 23 de maio de 2018).

2. A presente convocatoria circunscríbese á contratación temporal por conta allea de 6 alumnos/as participantes no Obradoiro de Emprego “InteracTICvate” promovido polo Concello de Lugo.

3. A contratación temporal terá unha duración mínima de 3 meses e a xornada será a tempo completo.

4. Os perfís laborais no ámbito das materias impartidas no obradoiro de emprego son os seguintes:

Artigo 2.- Beneficiarios/as: Empresas en xeral (ver en detalle este artigo nas bases)

Artigo 3. Contía dos incentivos e crédito orzamentario.

1. Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada traballador, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.

2. Os beneficios establecidos á contratación neste programa non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 100 % do custo salarial das mensualidades obxecto de subvención.

De acordo ao Artigo 5.1 e 2, relativo as solicitudes:

“Artigo 5. Prazos e solicitudes.

1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables deberán presentarse no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo remata o último día do mes.

2. As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada.

a) Copia do DNI, NIE ou NIF da empresa, e poder suficiente para actuar en nome da entidade.

b) Declaración do persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia no mes anterior ao mes de publicación da presente convocatoria.

c) Declaración responsable de que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

d) Declaración responsable á que fai referencia o artigo 2.5 das presentes bases.”

Descargar